VILAGARCIA> Outra tubaxe, tamén en Vilagarcía, rompeuse na tarde de onte provocando unha gran inundación na avenida Das Carolinas e deixando sen subministración de auga a algunhas vivendas da zona durante unhas horas. O concello xa arranxou o problema e sinalan que se debeu a que esa tubaxe é das máis vellas da vila.
Vilagarcía recupera a normalidade no barrio das Carolinas trala rotura da tubaxe de abastecemento de auga. A canalización é unha das principais da vila e a súa avaría deixou sen servizo a gran parte da veciñanza da zona.
Para recuperar a normalidade do servizo, Vilagarcía tivo que abastecer a zona coa auga da Mancomunidade do Salnés.
Unha vez recuperado o servizo, os técnicos estaban traballando esta mañá na zona para restaurar os danos urbanos causados.
Dende o concello recoñecen que esta tubaxe é unha das arterias principais da vila e a que máis está sufrindo trala mellora da tubaxe noutras zonas. O goberno local anunciou que comezará a traballar para elaborar un proxecto que permita renovar as redes de subministración da zona.