Ferido grave en Cambados ao caer dende unha altura de cinco metros

CAMBADOS> En estado grave un operario que sufriu esta mañá un accidente laboral, en Cambados. Os feitos ocorreron nas antigas instalacións de Gráficas Salnés, en Vilariño.

O traballador caeu ao baleiro dende unha altura duns 5 metros, resultando ferido grave.

O accidente aconteceu contra as 10 e media desta mañá. Ata a nave desprazouse a ambulancia medicalizada e tamén dotacións da Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil.

O home, de 40 anos, foi evacuado ó Hospital Montecelo de Pontevedra, onde permanece ingresado, con feridas de gravidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí