Detectan varias fendas nos depósitos de auga da Mancomunidade

    mancomunidade100.jpg SALNÉS> Polo momento estase a estudar se as perdas de líquido se poden corrixir cun simple selado, que se realizaría antes do verán.

    {flowplayer}images/salnes/fendas_deposito_mancomunidade.flv{/flowplayer}

    A Mancomunidade do Salnés e Augas de Galicia está a valorar a solidez estrutural dos depósitos de auga que abastecen á comarca. Segundo sinalou o presidente da Mancomunidade Gonzalo Durán hai un problema serio de gretas. Comprobouse que hai fendas no teito e tamén nas paredes. De momento, verase se cun simple selado é suficiente ou se é preciso unha actuación a maiores.

    A revisión deste depósito faise ó detectar perdas de auga e farase antes do verán porque para entón farán falta os dous depósitos para abastecer á comarca. Segundo indicaron cada un ten unha capacidade de dez millóns de litros de auga e a diario se consumen os dous depósitos, aumentando a tres no verán. En canto á seca, a Mancomunidade asegura que non haberá problemas de abastecemento, xa que Augas de Galicia está a facer reserva de auga no embalse de Caldas. Nembargantes, o organismo comarcal impulsará unha campaña de sensibilización social sobre o consumo responsable de auga.

    Redacción Salnés