A compañía Abázcaro Teatro estréase mañá en Vilagarcía coa obra ‘Dantescos’

VILAGARCÍA> Este sábado pola tarde teñen unha proposta moi interesante en Vilagarcía. A vila acollerá a estrea de Dantescos, o debut da compañía de teatro amateur Abázcaro Teatro. A peza, escrita e dirixida por Fernando García, representarase no Salón García ás 8 da tarde. A entrada será gratuíta ata completar capacidade.

Abázcaro Teatro ten todo listo para a súa gran estrea deste sábado. A compañía de teatro amateur representará no Salón García a súa primeira obra: Dantescos.

Fernando García é o director da obra pero tamén o seu escritor. Conta que parte das historias colleron forma grazas aos exercicios de improvisación que realizou como alumno do obradoiro de teatro A Liberación, impartido polo actor David Seijo en Vilagarcía. Decidiu unilas nunha peza, que foi completando con outras historias. Así naceu Dantescos.

Para poder trasladar estas historias ás táboas do escenario, Fernando García reuniu un grupo de apaixoados do teatro para dar forma á nova compañía: Abázcaro Teatro. Xuntos conseguiron que Dantescos fora unha realidade en tempo récord.

O sábado será a súa primeira proba ante o público vilagarcián. Ao que agardan conquistar coas historias de Dantescos e co seu amor polo teatro.

A representación será no Salón García ás 8 da tarde, con entrada gratuíta ata completar capacidade. Ademais, Fernando García adianta que xa hai outros sitios interesados en acoller novos pases de Dantescos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí