Os Consellos Reguladores de Galicia reúnense no Salnés

consellosreguladores copia.jpg RIBADUMIA> A celebración de eleccións en 17 dos 22 entes reguladores marcou esta edición.

{flowplayer}images/salnes/XUNTANZA_CCRR_GALICIA.flv{/flowplayer}

As instalacións da adega Lagar de Pintos, en Ribadumia, acolleron a Xuntanza anual dos Consellos Reguladores de Galicia. 19 dos 22 Consellos existentes acudiron a este encontro no que tamén atopamos ó Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Nesta ocasión, a DO Rías Baixas foi a anfitrioa do encontro.

Esta xuntanza estivo marcada pola convocatoria de eleccións en 17 dos 22 consellos de Galicia. Segundo explicou o Secretario Xeral de Montes, Tomás Fernández o encontro serviu para solventar tódalas cuestións relativas ó proceso electoral.

Neste encontro tamén estiveron o Presidente da Deputación de Pontevedra, o Delegado Territorial ou a alcaldesa de Ribadumia, entre outros. Rafael Louzán subliñou que os diferentes produtos con selo de calidade son o mellor embaixador de Galicia.

Neste senso, o secretario xeral do Medio Rural, Tomás Fernández, resaltou que o sector agroalimentario galego non é inmune á situación de crise económica pero si é certo, dixo, que están resistindo moito mellor que outros.

Redacción Salnés