Reúnense en Pontevedra os líderes do PP de toda a Provincia

    PONTEVEDRA> A cúpula do Partido Popular de Pontevedra reuniuse esta tarde na sede que o partido ten na Cidade do Lérez para tratar de…

    {flowplayer}images/salnes/reunion_pp_pontevedra_090312.flv{/flowplayer}

    … varios asuntos internos do partido, nunha xuntanza que estivo presidida polo líder do PP provincial Rafael Louzán.

    A esta importante reunión tamén asistiu a Ministra de Fomento e Deputada no Congreso por esta provincia, Ana Pastor, quen lles relatou a evolución de varias actuacións do goberno galego, e en especial da súa carteira no goberno central, que teñen que ver co día a día dos veciños da Provincia de Pontevedra.

    A propia Ana Pastor foi quen lles relatou a importancia da chegada do AVE a Galicia para o seu departamento; unha actuación, que malia os orzamentos de contención que están a redactar no executivo estatal, terá prioridade esta infraestructura. Xunto ca Ministra tamén compareceron os Conselleiros de Medio Ambiente e Infraestructuras e o de Economía e Industria, fronte a un auditorio no que se concentraron os alcaldes e os presidentes locais de toda Pontevedra.

    Redacción Salnés