O goberno central ofrecerá cursos en Meis para ensinar á veciñanza a facer xestións telemáticas

MEIS> Meis convértese nun dos primeiros concellos da provincia en adherirse ao programa ‘A Administración preto de ti’. Trátase dun proxecto do goberno central que busca ensinar á veciñanza a facer trámites a través da internet.  Son actividades pensadas en especial para persoas maiores ou que descoñecen o funcionamento da administración electrónica. Entre os trámites que se ensinarán a facer grazas a este programa, xestións coa Seguridade Social, dúbidas sobre pensións ou trámites xerais como o certificado electrónico ou o DNI.

 

O Concello de Meis, xunto co de Cerdedo-Cotobade, é dos primeiros en adherirse ao programa programa ‘A Administración preto de ti’. Unha iniciativa impulsada polo goberno central que busca achegar á poboación ferramentas para poder realizar trámites a través da internet.

Esta mañá a alcaldesa asinaba co subdelegado do goberno en Pontevedra o convenio que permitirá traer a Meis estas accións formativas.

Para o arranque destas accións formativas o goberno central vai agardar a pechar con outros municipios máis convenios como o formalizado xa con Meis. Despois impartinranse en instalacións municipais.

Ao mesmo tempo, o subdelegado deu conta da extensión do 5G en Meis a 80 vivendas mais a  través do Plan Único de Banda Ancha.