PONTEVEDRA> O vindeiro 15 de febreiro cúmprese un ano do afundimento do pesqueiro Villa de Pitanxo en augas do Canadá. Un tráxico suceso que deixaba 21 mariñeiros falecidos e tan só tres sobreviventes. Hoxe en Marín homenaxeouse á tripulación do Playa de Menduíña Dos, unha embarcación que foi clave na recuperación das vítimas e no rescate dos que sobreviviron ao naufraxio.
A homenaxe ao Playa de Menduíña Dos é o primeiro acto de conmemoración do primeiro aniversario do afundimento do Villa de Pitanxo. Hoxe celebrouse un emotivo acto no concello de Marín para agradecer á tripulación desta embarcación o importante papel que xogaron na recuperación das vítimas e no rescate dos tres sobrevivintes.
O día 15 de febreiro cúmprese un ano do afundimento do pesqueiro en augas de Terranova. A traxedia deixou un cru balance: 21 dos 24 mariñeiros da tripulación faleceron no afundimento. Durante o acto, o presidente da Xunta quixo amosar o apoio do goberno galego ás familias.
Rueda asegurou que é un alivio que finalmente se baixe ao pecio para intentar resolver as dúbidas das familias afectadas. Tamén pola importancia que pode ter a información que se obteña para evitar que se repita.