O PP da Pobra está aberto ó diálogo se non prospera a cuestión de confianza

POBRA> O inminente debate da cuestión de confianza do goberno de Nós Pobra non deixou indiferente a ningún grupo da oposición. O PP súmase ás críticas formuladas polo BNG nas que acusan ó executivo de incapacidade de diálogo e consenso. Para o PP, a cuestión de confianza era máis que previsible e constitúe un reflexo da falla de diálogo do goberno con toda a oposición, máis grave aínda nun tema tan importante como o orzamento municipal. Á espera de saber o que acontecerá mañá no pleno, o PP xa anunciou que volverá rexeitar os orzamentos posto que non se ten introducido modificación algunha. Será a partir de entón, cando o PP deberá decidir se presenta unha candidatura alternativa. Polo momento, están abertos ó diálogo con tódalas forzas para conseguir o mellor goberno para Pobra.