Unha empresa ourensá instalará depósitos de aceite no Porto

    fotodepositoscopia.jpg VILAGARCÍA> A empresa Aceites Abril pretende instalar depósitos para o almacenamento de aceites para o consumo humano.

    {flowplayer}images/salnes/DepositosAceiteFerrazo.flv{/flowplayer}

    Aceites Abril SL é unha empresa con sede en Ourense que se dedica á comercialización de aceites para o consumo humano. O seu obxectivo é traer a mercancía por mar, almacenala nos depósitos e despois transportala por terra ata a planta que teñen en Ourense. O proxecto inclúe 13 depósitos dos cales algúns terían unhas dimensións de ata 20 metros de altura. A capacidade total destes tanques sería de 9 millóns de litros de aceite. Ante as críticas espertadas por este proxecto, polos posibles danos que causaría na Ría, o alcalde Tomás Fole, asegura que conta con tódolos permisos precisos.

    En palabras do propio alcalde, a ilegalidade estaría precisamente en non dar as licencias necesarias. Posto que tódolos informes técnicos son favorables. Entre eles o de impacto ambiental.

    Así mesmo,o rexedor tamén destacou a importancia do proxecto no que a dinamización industrial se refire. Tanto na creación de postos de traballo como na importancia da consolidación do porto como motor económico do Concello. Sen embargo, mentres dende o Concello apelan a legalidade do proxecto dende a Plataforma pola Defensa da Ría recordan os perigos que estes proxectos supoñen. Proxecto que ademais non se deu a coñecer co tempo preciso para que puideran tomarse as medidas pertinentes. Asegura Xaquín Rubido o impacto ambiental vai a ser moito e moi evidente.

    O que máis preocupa ademais a esta plataforma é o modelo portuario cara o que se está a camiñar, posto que ven nesto unha porta aberta a un futuro no que aínda se avance máis neste senso.

    E aparte de todo isto, segundo Rubido, incrementarase o tráfico de barcos no interior da ría, o que incrementa o perigo de accidentes.

    Perigo que non negan dende o Concello, pero que ven tamén noutras actividades que xa se están a desenvolver.

    A Plataforma para a Defensa da Ría celebrará unha reunión o vindeiro martes para tratar este tema.

    Redacción Salnés