Os novos achados en Cálago animan a avanzar coas escavacións

VILANOVA> Vilanova continúa as escavacións para botar luz sobre o seu pasado. Onte arrincou a terceira campaña de traballos arqueolóxicos na contorna do xacemento de Cálago. Céntranse agora na parte sur da torre, despois de que un veciño atopara restos óseos na zona. En tan só unha xornada de escavación, xa se localizaron novos achados de cerámica e ósos.

Os traballos arqueolóxicos volven ao xacemento vilanovés de Cálago. Nesta terceira campaña as escavacións céntranse na parte sur da torre.

A campaña arrincou onte pero en tan só unha xornada xa se fixeron achados prometedores. Restos de cerámica e incluso óseos que estenden o mapa xeográfico e cronolóxico de Cálago.

Estes achados animan ao concello a manter a súa aposta polo estudo deste xacemento. Non renuncian a localizar os restos do mosteiro que existiu na zona, pero o avance dos traballos arqueolóxicos fai que haxa maiores perspectivas.

De feito, o goberno local xa mantivo conversacións coa Consellería de Cultura para continuar as escavacións en Cálago en futuras campañas.

O equipo de expertos que traballan na zona aseguran que estamos ante un xacemento que mantivo unha actividade continua durante, cando menos, mil anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí