As rúas de Porto do Son prepáranse para acoller a Festa Hortera

PORTO DO SON> Durante dous días, venres e sábado, aínda que este último será o día grande, Porto do Son vivirá esta vindeira fin de semana unha das súas festas máis singulares. Trátase da Festa Hortera, que co paso dos anos se está a converter en todo un referente, algo que mesmo está a coller por sorpresa á organización debido ó interese que esperta, principalmente fóra da nosa comunidade.

O venres a programación arrancará ás nove e media da noite co desfile hortera que se desenvolverá no Camiño Novo, coa pasarela entre o Retranca e a Cantina da Lúa. Posteriormente, terá lugar o concerto do grupo La Banda na Praza de España.

Xa o sábado a Festa vivirá o seu día grande cunha xornada cargada de actividades cunha festa para os máis pequenos con inchables, xogos e photocall na praza próxima ó Concello.

Nese mesmo escenario terá lugar tamén unha feira de roupa e complementos, onde se poderán adquirir tamén vinilos. O forte do programa comezará pola tarde, a partir das sete, do tradicional desfile.

Despois de vinte anos de celebración, o Concello e a organización queren dar un pasiño máis, e este non é outro que iniciar os trámites para que a festa sexa declarada de interese turístico galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí