O executivo boirense levará a pleno o proxecto da nova cuberta para o pavillón da Cachada

BOIRO> Os problemas de filtracións e humidades que dende hai anos padecen as instalacións do complexo deportivo da Cachada parece que terán definitivamente unha solución.

O executivo local anunciou que ten previsto acometer a súa reforma cun proxecto que será levado a pleno mañá xoves para a súa aprobación, cun investimento de máis de 172 mil euros, que irá con cargo ó remanente de tesourería.

Acompañados do arquitecto municipal, o alcalde e a edil de Deportes, supervisaron tamén o estado de execución das obras de renovación dos vestiarios e baños do complexo deportivo que se están a acometer actualmente.

Unha actuación dun importe de 276.199 euros e que comprende a renovación dos vestiarios de todo o complexo.

Nos últimos anos o Concello leva investido máis de 450 mil euros nesta instalación para realizar unha renovación integral do complexo que se atopaba nun estado de abandono importante, ó non reunir as condicións axeitadas de seguridade e hixiene para a práctica deportiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí