Máis de 200 corredores daranse cita este domingo na Carreira da Guía

RIBEIRA> Máis de 200 corredores daranse cita este domingo na Carreira da Guía. A proba, que acada este ano a súa decimo novena edición, servirá para homenaxear a Rosa Orellán Santos pola súa labor organizativa á fronte da carreira popular de Artes.

Este domingo a carreira popular Virxe da Guía celebrará a súa decimo novena edición. Ás dez da mañá darán comezo as probas nas distintas categorías que van dende pitufo a master 55.

Ademais do seu carácter deportivo, esta proba serve para homenaxear cada ano a persoas vinculadas co atletismo. Este ano tocaralle áa Rosa Orellán, organizadora da carreira do Demo en Artes.

As inscricións poden realizarse a través da páxina web galitiming.com ata o xoves. Teñen un prezo de 6 euros, a excepción das categorías infantís que serán de balde.