Máis de mil persoas participarán no Encontro dos Maiores de Ribeira

RIBEIRA> Preto de mil persoas daranse cita no encontro dos maiores de Ribeira. Será o vinte e catro de novembro e, esta decimo terceira edición, contará con novidades relativas ó menú e á animación musical.

Xa hai data para o Encontro das Persoas Maiores e Ribeira. O domingo 24, preto de mil asistentes daranse cita no pavillón da Fieteria para desfrutar dunha xornada de confraternidade na que participan os clubs de xubilados de todo o municipio. As entradas estarán á venda a prtir deste venres día oito no rexistro do concello. Unha vez adquiridas poderá reservarse a mesa na oficina de atención ó cidadá.

O prezo do cuberto será de dezaseis euros e, aínda que o menú se comporá tamén de dous mariscos, peixe e carne, este ano incorporará moitas novidades. Dende Servizos Sociais non quixeron desvelar máis detalles para sorprender ós asistentes.

Tralo xantar terá lugar o baile  que contará coa actuación dunha orquestra.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí