Mar convoca novos permisos de marisqueo en Vilaxoán e Palmeira

    permex.jpg SALNÉS/BARBANZA> Trátase de 10 pérmex para a confraría de Vilaxoán e tres embarcacións para a navalla e lingueirón no pósito ribeirés.

    A consellería do Medio Rural e do Mar vén de convocar 10 novas prazas de marisqueo para a confraría de pescadores de Vilaxoán, en Vilagarcía. Os interesados en optar ós pérmex dispoñen de 15 días a partir de hoxe para presentar a documentación pertinente e as solicitudes ante as oficinas de rexistro da Xunta en correos ou nos lugares estipulados pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas. Rematado este prazo de solicitude, o departamento autonómico estudará a documentación para proceder á concesión dos permisos. O mesmo prazo, quince días, e procedemento terán que seguir os interesados en optar ás tres novas embarcacións que a Xunta outorgará tamén á confraría de pescadores de Palmeira, en Ribeira, barcos que se destinarán á modalidade de navalla e lingueirón. Amais, tamén se convoca unha praza para un mergullador máis a distribuír entre as embarcacións que xa contan con esta modalidade no Plan de Explotación de solénidos do pósito palmeirán.

    Redacción Salnés