O Princesa Letizia estrea un ‘talent show’ solidario para recadar fondos

VILAGARCÍA> O festival solidario do centro Princesa Letizia cumpre sete anos. Un aniversario que celebrarán mudando o formato da cita. Nesta edición, os organizadores preparan un talent show no que participarán máis de medio cententar de persoas, e na que alumnos e usuarios do Princesa Letizia serán os protagonistas.

Este sábado “Ten Moito Mérito” será a frase máis repetida no auditorio de Vilagarcía. As instalacións acollen a sétima edición do festival solidario do centro Princesa Letizia, que este ano estrea formato.

Como novidade, este ano os rapaces serán os verdadeiros protagonistas de todos os números que se interpretarán no escenario. Ademais, contarán coa colaboración dos alumnos de baile da Asociación Cultural Nydia.

O festival mobilizará preto de 70 persoas do centro. Tamén participarán medio centenar de alumnos do colexio Alfonso VII de Caldas, que colaborarán no espectáculo no marco da iniciativa “Inclusión á inversa”.

A cita celebrarase este sábado 11 a partires das 6 da tarde no Auditorio. A entrada ten un custo de 3 euros, que se destinará a financiar o funcinoamento do centro xestionado pola asociación Amencer. Tamén haberá fila 0 dispoñible.