VILANOVA> A Asociación O Castro de Baión, en Vilanova, organizou este xoves a I xornada sobre Idadismo e Lonxevidade. O colectivo quixo abordar este problema, poñendo o foco en especial na soidade non desexada. No Castro defenden a necesidade de promover o envellecemento activo dende todos os niveis da sociedade. Na xornada estiveron presentes todos os concellos do Salnés. Tamén o director xeral de Maiores da Xunta, que presentou a Estratexia Contra o Idadismo impulsada polo goberno galego.
Primeira xornada sobre Idadismo e Lonxevidade organizada pola Asociación O Castro de Baión, en Vilanova.
No colectivo poñen o foco en especial no soidade non desexada, un dos grandes problemas da nosa sociedade actual que afecta a moitas persoas maiores. Na procura de solucións, defenden a necesidade de promover actividades que fomenten un envellecemento activo.
Nestas xornadas estivo presente a Xunta. O director xeral de Maiores afondou na Estratexia Contra o Idadismo, aprobada hai uns meses polo goberno galego, situando a Galicia como unha comunidade pioneira.
A outros niveis tamén se levan a cabo accións na loita contra o idadismo. Por exemplo, distintos programas da Deputación de Pontevedra, que tamén colabora con estas xornadas do Castro.
O Castro conseguiu nesta xornada reunir representantes de todos os concellos do Salnés.
Nesa liña, a intención é marcar a partir de aquí unhas estratexia cos Servizos Sociais de todos os concellos para deseñar unha estratexia común na loita contra o idadismo.











