![]()
RIANXO> Trátase de M.R.V., de 48 anos, traballador municipal, responsable da brigada de xardinería do concello.
{flowplayer}barbanza/accidentemortalrianxo.flv{/flowplayer}
Un home de 48 anos, veciño de Rianxo, con iniciais, M.R.V., falecía este mediodía despois de caer co seu coche ó mar, na rampla existente no porto da localidade a carón dos asteleiros. Os feitos aconteceron preto das dúas da tarde cando os servizos de emerxencia recibiron a chamada alertando da caída dun vehículo ó mar.
Causas extrañas
Polo de agora descoñécense as causas que puideron causar esta traxedia.
Rápida intervención
Ademais do equipo de bombeiros do parque comarcal de Boiro, a da Policía Local e Protección Civil de Rianxo, ata o lugar mobilizouse tamén ó helicóptero, así como dúas ambulancias asistenciais e persoal sanitario do centro de saúde da vila. A pesar dos seus intentos por reanimar á vítima tan só puideron certifica-la súa morte. tierra y continuaba vivo.
Dous días de loito oficial
En sinal de dó, o concello suspendeu tódalas actividades culturais previstas para esta fin de semana e decretou dous días de loito oficial no que as bandeiras da casa consistorial ondearán a media hasta.
Redacción Barbanza









