Óscar Casais encabeza a candidatura de Compromiso por Galicia á Xunta

RIBEIRA> Óscar Casais encabezará a candidatura de Compromiso por Galicia ás eleccións autonómicas. O ribeirense foi elixido polo Consello Nacional como aspirante á presidencia da Xunta o vindeiro cinco de abril.

Tan só un ano despois de iniciarse na política, na agrupación local de Ribeira, Óscar Casais dá o salto á política autonómica encabezando a candidatura de Compromiso por Galicia á presidencia da Xunta. O Consello Nacional elixía como cabeza de lista pola Coruña e candidato nacional nun congreso extraordinario celebrado o pasado un de marzo en Ourense.

O ribeirense asume este reto con ilusión e ganas, plenamente convencido de traballar por un proxecto co que, di, moitos galegos se senten identificados.  Alude ó carácter sensato da formación que representa centrada na defensa de Galicia e o seu desenvolvemento social e económico.

Por diante ten agora unha campaña que busca seguir asentando o papel dunha forza galeguista e transversal en Galicia. Casais quixo tamén agradecer a confianza depositada por parte dos seus compañeiros para asumir esta responsabilidade. Xunto a el, encabezarán as listas Juan Carlos Piñeiro por Lugo, Estela Rodríiguez por Pontevedra e María Pilar Barreira por Ourense.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí