Política Social culpa ó alcalde de Rianxo da paralización do proxecto do centro de día

RIANXO> A Conselleira, Fabiola García, saíu ó paso das acusacións realizadas onte polo alcalde de Rianxo e a voceira nacional do BNG, de que a Xunta estaba a discriminar ós veciños do municipio en relación coa construción do centro de día no pazo de Rianxiño.

Segundo ela a última nova que tivo deste proxecto producíase en xullo de 2021. Nunha xuntanza mantida co rexedor, este trasladoulle de que o proxecto quedaba paralizado, pois o Concello xa conseguira os fondos necesarios para construír alí unha residencia.

A titular de Política Social foi máis alá ó sinalar que o BNG e o alcalde intentan culpar á Xunta do seu propio fracaso, algo que non está disposta a consentir.

A Conselleira afirmou ademais de que no caso de que o Concello decidira finalmente poñer en marcha o centro de día ou incluso unha residencia, Política Social mantería a súa oferta de colaborar no seu financiamento, a través de axudas directas ós veciños que usen as instalacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí