A Mancomunidade do Salnés pide á Xunta un novo depósito de auga

    mancomunidade_brenntag100.jpgVILANOVA> O presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, entrevistarase este mércores co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.

    {flowplayer}images/salnes/mancomunidade_brenntag270312.flv{/flowplayer}

    A comarca do Salnés consume ó ano en torno a seis mil millóns de litros de auga, procedentes do río Umia. O pico máis alto prodúcese no verán, cando algúns concellos, como Sanxenxo, multiplican por dez a súa poboación. O consumo diario nesta época é de 30 mil metros cúbicos e, desde a Mancomunidade advirten que é necesario aumentar a capacidade de almacenamento. Será unha das propostas que levarán á reunión que manterán co conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández.

    Os alcaldes do Salnés, acordaron nunha comisión executiva extraordinaria solicitar á Xunta que invista no río Umia os cinco millóns e medio de euros que cobrou da indemnización de Brenntag. A Mancomunidade asegura que na actualidade non teñen capacidade de reacción en caso de avaría para garantir o subministro de auga.

    O novo depósito custaría en torno ós dous millóns de euros e construiríase detrás do actual en Treviscoso, Vilanova, en terreos propiedade da Xunta de Montes de Tremoedo. Pero, ademais de garantir o subministro 24 horas, tamén permitiría aforrar gasto enerxético, que agora mesmo rolda o medio millón de euros ó ano.

    A Mancomunidade tamén proporá a Medio Ambiente que destine a indemnización de Brenntag a actuacións no cauce e nas marxes do río Umia. Neste sento, pedirán un colector de marxe na zona industrial de Caldas.

    Redacción Salnés