Un incendio en Palmeira mantén a alerta ata a madrugada

    incendiopalmeira100.jpgRIBEIRA> A última hora da tarde do martes rexistrábase un incendio forestal no lugar da Carballa, en Palmeira.

    {flowplayer}barbanza/incendiopalmeira.flv{/flowplayer}

    As alarmas saltaron en torno ás sete da tarde cando se detectou un lume no lugar da Carballa, na parroquia ribeirense de Palmeira. A pesar de que foi extinguido con rapidez, inmediatamente se propagaron novos focos o que fai pensar na presunta intencionalidade do incendio.

     A rápida intervención dos servizos de Protección Civil e das brigadas forestais, apoiados en todo momento polos bombeiros dos parques de Ribeira e Boiro, evitou que as lapas alcanzaran as granxas e instalacións industriais que se atopaban nas proximidades.

    Instalacións próximas

    Aínda así, vivíronse momentos de gran tensión posto que nas inmediacións emprázase un almacén de bombonas de butano que de ser alcanzado podería ter consecuencias moito peores.

    As dificultades para conter o avance das lapas fixeron que mesmo chegaran ata a autovía do Barbanza causando unha gran fumareda que provocou unha importante diminución na visibilidade da vía.

    Finalmente os equipos de emerxencia conseguiron controlar o lume e esta madrugada deuse por extinguido sen que chegase a superar as vinte hectáreas. Aínda así, efectivos do Grumir e das policías local e nacional permanecerán de garda ata esta mañá para evitar a aparición de novos focos.

    Redacción Barbanza