Fanse pasar por empregados dunha compañía eléctrica para roubar 300 euros

RIANXO> A Policía Local investiga a autoría dun roubo de 300 euros nunha vivenda de Taragoña.

Ó parecer o furto foi cometido por dúas persoas, que accederon ó interior da casa facéndose pasar por instaladores dunha compañía eléctrica que viñan a aplicarlle un bono de desconto.

Xa no interior, nun momento de descoido da vítima, unha persoa maior, fixéronse co diñeiro.

Dende a Policía Local alertan deste tipo de feitos, e avisan de que ante calquera sospeita, se poñan en contacto con eles, no teléfono 981-86 06 25.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí