PORTO DO SON> Porto do Son viviu hoxe o día grande das súas festas do Carme. Centos de veciños quixeron acompañar á patroa dos mariñeiros nos actos celebrados na súa honra.
A misa cantada celebrouse nunha carpa instalada na zona portuaria que quedou pequena para acoller ós numerosos asistentes entre os que se atopaban representantes da corporación municipal e do tecido asociativo da vila así como a ex Conselleira do Mar, Rosa Quintana.
Trala misa solemne, partiu a procesión marítima coa imaxe da virxe á cabeza acompañada dunha vintena de embarcacións. Tivo lugar tamén a tradicional ofrenda floral en lembranza dos mariñeiros falecidos.