A reforma da fachada marítima de Ribeira está máis preto

RIBEIRA> A consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, e o concello de Ribeira asinaron esta mañá o convenio que permitirá poder desenvolver este proxecto. A actuación, que contará cun orzamento duns 580 mil euros, posibilitará a reordenación do paseo das Carolinas e o parque García Bayón, dando prioridade ós peóns fronte ó tráfico rodado.

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, asinaron esta mañá o convenio que permitirá a realización da remodelación da fachada marítima do municipio. No acto de firma do acordo tamén tomou parte da conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen destacou a importancia da actuación cun orzamento duns 580 mil euros que xa están consignados en dúas anualidades nos orzamentos de 2019 e 2020. O proxecto en cuestión desenvolverase na zona de dominio público portuario comprendido entre o paseo das Carolinas e o parque García Bayón, a través da construción dun carril bici ao longo de toda a fachada marítima do casco urbano, para unilo co paseo de Coroso. Daraselle preferencia ó peón fronte ó tráfico rodado, respondendo a unha vella demanda do equipo de goberno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí