SANXENXO> Black Eyed Peas é o prato forte da segunda edición do festival Costa Feira. O evento recunca no polígono de Nantes, en Sanxenxo, cunha ampla escolma de actuacións, que se prolongarán do 24 de xullo ao 24 de agosto. Polo seu escenario pasarán, entre outros, Andrés Calamaro, Iván Ferreiro, Loquillo, Taburete ou Juán Magán. A organización asegura ter tomado nota dos erros da primeira edición, cun reforzo do servizo de autobuses lanzadeira, para evitar o atrancos na autovía do Salnés.
Hoxe quedou resolta a última incógnita que faltaba por saber do cartel do Costa Feira: a banda estadounidense Black Eyed Peas será a encargada de abrir o festival do polígono de Nantes, en Sanxenxo, o 24 de xullo.
Con eles darase o pistoletazo de saída a unha xeira de actuacións que se prolongarán ata finais de agosto. Polo seu escenario pasarán Andrés Calamaro, Hombres G, Juan Magán, Iván Ferreiro, Los Secretos, Loquillo, Taburete ou Coque Malla e Sidecars, entre outros moitos. Ademais, na organización din que apostarán tamén polo talento de proximidade.
Dende a organización din ter tomado nota dos fallos da primeira edición, mellorando o recinto e tamén tentando evitar o colapso da zona e os atascos na Autovía do Salnés. Para iso, preparan unha serie de liñas de autobús, para evitar o uso do coche.
O alcalde de Sanxenxo asistiu hoxe á presentación do cartel completo do Costa Feira. Telmo Martín defende que eventos como estes deben ser financiados pola iniciativa privada.
E destacan tamén dende a organización o impacto que ten o festival na economía, coa contración directa para o evento de 400 postos de traballos, a maioría da zona; así como a implicación de máis de 200 empresas locais de todo tipo.











