![]()
VILAGARCÍA> Celébrase o venres 16 no auditorio de Vilagarcía ás 20:30 horas. Nela entregaranse os premios Nécoras de Ouro.
{flowplayer}images/salnes/PtacGalaFGCN_091112.flv{/flowplayer}
A Gala da Fundación Galega contra o Narcotráfico chega a súa undécima edición. Dende hai tres é tal cual agora, sen a celebración paralela dun foro de debate. Por iso, segundo os seus organizadores, esta festa é para tódolos galegos.
A entrada será gratuíta, aínda que cómpre acudir con invitacións, que poderán recollerse nos establecementos Costureiro Complementos e Musical Duende.
Diversas autoridades e persoeiros do mundo da cultura e da empresa, xa confirmaron a súa presencia neste gala que se celebra o venres día 16 a partires das 20:30 horas.
Este ano a gala contará exclusivamente coa actuación do Coro Liceo de Vilagarcía, que ofrecerá un recital titulado Folclore del Mundo.
Como cada ano entregaranse as Nécoras de Ouro, os galardóns que premian á labor realizada na loita contra o tráfico de drogas. As tres categorías son: medios de comunicación, prevención e asistencia ó drogodependente e loita contra o narcotráfico. Os vencedores de 2012 daranse a coñecer o vindeiro luns.
Redacción Salnés








