Boiro segue de troula

BOIRO> Despois de cinco días de troula, as festas do verán de Boiro chegan hoxe ó seu remate. Ó longo dos días foron moitas as actividades incluídas no programa, dirixidas a satisfacer os gustos de todo tipo de públicos.

Aínda así, na programación tivo un papel destacado a música, con actuacións de grupos coma Café Quijano ou Treixadura, bandas tributo a Alejandro Sanz ou a Queen, sen esquecer tampouco a Terbutalina e Amparanoia, entre outros.

Un dos puntos quentes das festas foi a praza de Galicia. Alí desenvolvéronse a maior parte das actuacións musicais, no que as verbenas, a cargo das mellores orquestras de Galicia tiveron tamén un forte tirón entre o público. Onte actuaron precisamente dúas das mellores: El Combo Dominicano e París de Noia.

E para hoxe, xa último día, máis música coas actuacións da orquestra Panorama, o grupo local Triángulo de Amor Bizarro e DJ Matrek.