A Comunidade de Montes de András prepárase para facer fronte ó lume

    VILANOVA> Limpeza do monte raso, desbroces, acometida de cortalumes e acondicionamento de depósitos de auga. Estes son algúns dos traballos…

    {flowplayer}images/salnes/situacion_montes.flv{/flowplayer}

    … que apuran desde a Comunidade de Montes de András, en Vilanova, para evitar que se volva a repetir a afección que tivo neste territorio unha posible vaga de incendios como a que asolou a zona no ano 2006. Amais da limpeza e acondicionamento, estes vilanoveses investiron moitos cartos en repoboación forestal con pinos do país e outras árbores frondosas máis resistentes ó lume, como poden ser os castiñeiros. Unha ardua tarefa que non servirá de moito se os veciños da contorna non limpan tamén as súas fincas.

    Todos estas labouras das súas 150 hectáreas de monte foron a cargo dos petos do cento e medio de propietarios comunais. Para acabar de completar o traballo piden que se publiquen xa as axudas que brinda o goberno autonómico, dado que a situación deste ano é especialmente complicada xa desde meses antes do verán.

    Desde a Comunidade de Montes de András fan pois un chamamento á concienciación cidadá para evitar que a lacra dos incendios forestais deixe de supoñer un serio problema para o patrimonio natural de todos.

    Redacción Salnés