LLovo lembra a Atril que no momento de alegar as taxas non fixo nada

rociollovo copia.jpg VILAGARCÍA> A edil de Educación responde así á decisión da ANPA da Escola de Música de recoller firmas contra a suba de prezo das ensinanzas.

{flowplayer}images/salnes/TALA_ARBOLES_PARQUE_COMPOSTELA.flv{/flowplayer} 

A partir do vindeiro curso, aqueles que se queiran matricular na Escola de Música Bernardo del Río de Vilagarcía terán que pagar entre 30 e 40 euros de matrícula, dependendo da especialidade. A iso haberá que sumar unha cota de 15 euros ó mes para os estudantes de ‘Linguaxe musical’, ‘Linguaxe para adultos’ e ‘Música e movemento’; vinte euros polas clases de canto, guitarra, vento madeira e metal, corda e acordeón; ou 25 no caso de aprender piano ou percusión. A modificación da ordenanza que regula as taxas do centro levantou as queixas dos pais e nais de alumnos do centro, que acaban de acordar iniciar unha recollida de firmas para instar ó goberno local a que rectifique e non se suban as taxas para o ano. Desde o concello xa responderon que antes de aprobarse a medida houbo un período de alegacións. E entón, que era o momento, ninguén protestou.

Desde a ANPA da Escola, Atril, sosteñen que se trata dunha medida ‘inxusta’ e ‘discriminatoria’. Inxusta, segundo eles, porque a intención do concello é subir prezos pero manter os mesmos servizos. E discriminatoria porque os alumnos que leven más de cinco anos no centro terán que pagar un vinte por cento máis nas tarifas, e os que non estean empadroados en Vilagarcía, un 25 por cento máis. O colectivo asegura que a medida só conseguirá reducir o número de matrículas, unha visión que recoñece o propio director do centro, Suso Nogueira. Pero puntualiza, a subida da matrícula era algo necesario e que se viña estudando desde hai tempo.

Atril considera que a intención encuberta do goberno local é reducir a plantilla de mestres e o número de especialidades. Polo momento a asociación xa apuntou a que habería algúns pais que estarían buscando actividades extraescolares alternativas –e máis económicas- para os seus fillos, ou alumnos que barallan a posibilidade de tomar clases con mestres privados.

Para facer máis forza, ademais da recollida de sinaturas, a asociación acordou remitir un escrito ó concello deixando patente a súa oposición a este cambio da ordenanza e reiterando que se rectifique a medida.

Redacción Salnés