Cambados controla cun radar que se cumpra a zona 30 no casco urbano

CAMBADOS> Cambados controlará que se cumpran os novos límites de velocidade no centro da vila. Un vehículo radar da Dirección Xeral de Tráfico percorrerá algúns dos puntos nos que se reduciu esta velocidade ata os 30 quilómetros por hora para vixiar que os coches se axustan a ela.

A comezos do mes de xullo Cambados fixaba os 30 quilómetros por hora como a velocidade máxima para o seu centro urbano. Dous meses despois, queren vixiar que os vehículos condutores con esta limitación.

Dende o concello valoran positivamente o comportamento dos condutores, pero con esta ferramenta queren disuadir aos que aínda non o fan.

Este radar móbil da Dirección Xeral de Tráfico percorrerá os puntos claves do tráfico no centro urbano. Os condutores que incumpran o límite recibirán a sanción que vén recollida na normativa da DXT.

Dende a Policía Local fan un chamamento á tranquilidade, máis aínda tendo en conta que a partires do xoves comeza o curso escolar. Unha época estresante que este ano o será máis debido á situación actual de alerta sanitaria.