O GROVE> Remataron as obras de mellora da estrada de San Vicente, no Grove. Na actuación implantáronse medidas de calmado de tráfico e déuselle prioridade ós peóns sobre os vehículos. Ademais, limitouse a velocidade a 30 quilómetros por hora.
Na estrada de San Vicente, no Grove, conviven coches, bicicletas e peóns, especialmente na tempada estival. As obras de mellora desta vía tiveron moi en conta esta realidade, buscando unha convivencia harmónica entre os que usan vehículo e os que van a pé.
Neste aspecto, a actuación contemplou tamén a construción de dúas plataformas de prioridade peonil na contorna dos principais núcleos pegados á vía e tamén unha nova praza ó pé da igrexa de San Vicente. Para a Deputación, as obras tamén supoñen a posta en valor do patrimonio material e paisaxístico da zona.
Tanto para o ente provincial como para o concello este é un das actuacións estrela do mandato. O alcalde aproveitou, ademais, para recoñe-la implicación veciñal no proxecto. As obras supuxeron un desembolso de 600.000 euros.
Comments are closed.