SANXENXO> A asociación española contra o cancro de Sanxenxo xa conta cunha nova sede en Portonovo. As instalacións son o resultado do traballo conxunto entre as voluntarias, doantes e concello. Na sede darase atención médica aos enfermos de cancro e tamén se realizarán diferentes actividades nas que poden participar os familiares.
A asociación española contra o cancro de Sanxenxo leva moito anos traballando na vila para axudar ás persoas que padecen esta familia e aos seus familiares. Tras anos traballando nun local cedido, por fin terá a súa propia sede. As instalación son posibles grazas ao traballo dos voluntarios, dos doantes e do concello.
A nova sede permitirá que se atenda as persoas que padecen cancro con especialistas como un médico, un fisioterapeuta, un psicólogo e un pedagogo. Algúns de estes especialistas tamén atenderán aos seus familiares. Ademais na sede realizaranse diferentes actividades.
A sede de Sanxenxo ten como principal finalidade axudar ás persoas enfermas con cancro e as súas familias tanto da vila como dos concellos máis próximos como Meaño e o Grove. Aínda que atenderán a calquera persoa da comarca que o solicite. Tamén colaboran para informar sobre as axudas xestionadas pola sede de Pontevedra.
A nova sede conta cunha superficie de 54 metros cadrados distribuída nun despacho, un baño e unha sala de atención. A asociación nestes momentos presta servicio a arredor de 10 persoas e as súas familias. O baixo no que se atopa a sede terá o aluguer pago durante o vindeiro ano grazas a un doante anónimo.