Falece unha moza de 17 anos nun accidente en Boiro

    accidentemieites100.jpgBOIRO> Continúa estable dentro da gravidade o mozo de dezanove anos ferido no accidente acontecido en Mieites durante a madrugada do sábado.

    {flowplayer}barbanza/accidentemieites.flv{/flowplayer}

    As festas do lugar de Mietes, na parroquia de Cures, acabaron en traxedia. Un accidente, acontecido a uns cen metros do lugar onde tiñan lugar as celebracións, cobrouse a vida dunha moza de dezasete anos.

    O forte impacto, do que son aínda ben visibles as marcas, espertou ós propietarios da vivenda que inmediatamente deron aviso ós servizos de emerxencia.

    Á espera de que chegaran as ambulancias, o propietario da vivenda pediu axuda ás persoas que se atopaban na festa para atender ós feridos. Ata o lugar desprazáronse dotacións de bombeiros de Ribeira e de Boiro que tiveron que excarcerar ós dous ocupantes nunha intervención longa e delicada polo estado das vítimas.

    Os dous ocupantes foron traslados ata o hospital do Barbanza e posteriormente ata o Clínico onde a moza, L.P.B., de dezasete anos, faleceu. A nova causou unha gran consternación na parroquia ribeirense de Oleiros onde residía cos seus avós. Este domingo foi soterrara no cemiterio de Frións.

    O condutor do vehículo, J.G.G.T., permanece ingresado no centro compostelán estable, dentro da gravidade.

    Redacción Barbanza