Medio cento de mariscadores non poderán iniciar a campaña polo retraso nos permex

NOIA> A piques de comezar a campaña en Noia, medio cento de mariscadores a pé seguen á espera da concesión definitiva do permex. Demandan maior axilidade á administración no cumprimento do espazo. Tamén esixen a emisión dun permiso temporal para poder incorporarse ó traballo canto antes. Uns mil cincocentos mariscadores noieses volverán a faenar o próximo luns. Sen embargo, un grupo de cincuenta e dous traballadores que este ano se incorporan ó colectivo de mariscadores a pé veranse obrigados a permanecer en terra ante o retraso na concesión dos permisos.A pesar de que o procedemento xa debería estar resolto, aínda está en fase de presentación de alegacións á lista provisional de admitidos. Prazo que remata o día 11, un día despois da apertura da campaña. A partir de entón hai que cumprir con outros trámites polo que, no mellor dos casos, non recibirían os permex ata outubro. Ademais de demandar maior axilidade á administración para evitar que se repitan estas demoras, que xa aconteceron tamén en 2015, solicitan que se concedan autorizacións provisionais para poder iniciar a campaña en igualdade de condicións co resto dos compañeiros.