MEIS> A veciñanza de Paradela, no concello de Meis, prepara a súa Semana Santa. A programación relixiosa arrancará o 29 de marzo, Domingo de Ramos. Haberá tamén escenificacións o Xoves e Venres Santo e tamén o Sábado e Domingo de Pascua. Nas representacións participan ao redor dun cento de persoas, coa incorporación de Gabriel Magariños no papel de Xesús. Este ano, os ensaios comezaron con algo de retraso, a comezos de febreiro, por mor da crise que sufriu a confraría. Con todo, a organización dá por superados os problemas, coa vista posta xa na súa reestruturación unha vez superada a Semana Santa deste ano.
A Semana Santa de Paradela, no concello de Meis, celebrarase do 29 de marzo ao 5 de abril. A veciñanza da parroquia traballa xa nas distintas escenificacións que, como de costume, porán en escena o Domingo de Ramos, Xoves e Venres Santo e Sábado e Domingo de Pascua. Nestas representacións participarán un cento de persoas, cunha das grandes novidades no papel de Xesús, que interpretará Gabriel Magariños.
Nas distinstas representación participarán ao redor dun cento de persoas. Levan ensaiando dende comezos de febreiro.
Os preparativos comezaron este ano con algo de retraso, por mor da crise sufrida no seo da organización, que a piques estivo de supoñer este ano a cancelación dos actos. Cren que unha vez superadas as diferenzas, co apoio do concello, sairán reforzados.
De feito, a organización xa ten a vista posta na súa reestruturación unha vez superada a Semana Santa deste ano.
A Semana Santa de Paradela está declarada de interese turístico galego. Confían en que este ano o tempo acompañe, logo de dous anos de moita chuvia que mesmo obrigara a cancelar algún dos actos.











