A Plataforma SOS Sanidade Pública alerta sobre os recortes

    PONTEVEDRA> A Plataforma SOS en Defensa da Sanidade Pública ven de entregar hoxe un escrito á Consellería de Sanidade para deixar clara a…

    {flowplayer}images/salnes/plataforma_defensa_sanidade_170412.flv{/flowplayer}

     … súa postura ante a reunión que mañá manterá o Goberno Central cos responsables de sanidade das distintas Comunidades Autónomas. Segundo o acordado nesta xuntanza, a Plataforma decidirá as medidas a adoptar nunha reunión posterior. Desde a Plataforma SOS aseguran que defenderán a Sanidade Pública, tal cal como existe arestora.

    O aforro, segundo eles, non pode vir dos recortes, senón que piden unha maior planificación e racionalidade no gasto. SOS Sanidade Pública asegura que a inversión no noso país é algo máis de 800 dólares anuais por doente máis barata que noutros países da Unión Europea. Co que non xustifican a reducción orzamentaria de 300 millóns proposta polo executivo Central que virá a reducirse aínda máis, ata os 7.000 millóns de euros, con medidas tan alarmantes para a cidadanía como o copago.

    Desde esta plataforma cidadá seguirán recadando sinaturas para opoñerse a esta forma de facer política sanitaria. Xa contan cunhas vinte mil firmas, pero van a seguir recolléndoas para que se coñeza realmente o sentir da rúa respecto ás medidas propostas sobre este eido tan sensible para a poboación galega.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.