Subdelegación e Xunta acordan manter unha ‘coordinación fluída’

    subdeltouris100 copia.jpg PONTEVEDRA> O subdelegado do Goberno na provincia realizou a súa primeira visita institucional á delegación pontevedresa do Executivo galego.

    {flowplayer}images/salnes/SUBDELEGADO_TOURIS_170412.flv{/flowplayer}

    O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, e o xefe territorial da Xunta na provincia, José Manuel Cores Tourís, acordaron durante a primeira visita institucional de Coello ó departamento da Xunta, intensificar a coordinación e comunicación entre as dúas institucións. Trátase, segundo explicou Tourís, de eliminar atrancos burocráticos, sobre todo no caso de solicitudes que proceden das administracións locais.

    Como exemplo da estreita colaboración que veñen mantendo estas dúas entidades, os seus titulares salientaron as obras do nó do Pino, que segundo o subdelegado poderían estar concluídas a finais de ano. Tamén Tourís se pronunciou sobre o futuro hospital de Pontevedra, en Montecarrasco, trala presentación nas últimas horas dun recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o proxecto sectorial. Recurso que parte do concello de Pontevedra. Segundo o delegado territorial, este só é ‘un atranco máis do alcalde pontevedrés’, que non influirá na intención da Xunta de culminar a obra.

    Redacción Salnés