O polbo galego cotiza á alza na reapertura da veda

RIBEIRA> Tras mes e medio en veda, o polbo volveu esta semana ás lonxas galegas.Polo momento, a maior parte dos produtores non foron quen de acadar os topes de trinta quilos por tripulante con que arranca a campaña, aínda que é cedo para aventurarse a facer balance. A escaseza de recurso e a alta demanda do produto tivo como consecuencia unha boa cotización con prezos que superaron os quince euros. Ó tempo que o polbo, volveu ó mercado a nécora galega, en veda dende xaneiro. Aínda que de momento foron poucos os profesionais que se adicaron a este recurso, as previsións semellan máis optimistas.Na lonxa ribeirense descargáronse máis de cen quilos de crustáceo cun prezo máximo de máis de vinte euros. Din os profesionais que os bos anos para a nécora son malos para o polbo. Haberá que ver se o tempo e as capturas das vindiras semanas lles dán a razón.