‘Menos recortes, máis educación’

    sentada_universitaria100.jpg PONTEVEDRA> Os recortes na educación pública e a suba de taxas universitarias provocou xa a primeira das mobilizacións estudiantís.

    {flowplayer}images/salnes/sentada_universitaria.flv{/flowplayer}

    No recibidor da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra sentáronse hoxe alumnos de varias titulacións do campus pontevedrés. Unha sentada pacífica convocada por Iesga, Iniciativa Estudiantil Galega.

    Segundo estima o Iesga, se a Xunta aplica a suba de taxas universitarias proposta polo Goberno central a matrícula no campus pontevedrés incrementaríase nuns 500 euros. Nesta protesta os universitarios pontevedreses contaron tamén co apoio de Xuventudes Socialistas de Galicia, e de sindicatos como UXT e Comisións Obreiras. Tamén participou na sentada o edil de Educación de Pontevedra.

    O Iesga asegura que esta é a primeira doutras protestas que teñen pensado levar a cabo en contra dos recortes na educación pública e da suba de taxas universitarias.

    Redacción Salnés