RIBEIRA> A repatriación do corpo do mariñeiro falecido nun accidente a bordo do Praia de Bakio, está máis preto coa chegada do barco ás Illas Seychelles.
{flowplayer}barbanza/mortemarineiropraiabakio.flv{/flowplayer}
A pesar da traxedia, nas inmediacións da lonxa de Ribeira o ambiente era de total normalidade. E é que a nova do falecemento de Juan Carlos Gómez era aínda ignorada por boa parte dos seus compañeiros de profesión. Quizais o feito de que o fatal accidente tivese lugar en alta mar, mentres traballaba a bordo dun atuneiro en augas do Índico, fixo que non se correra a voz como soe ser habitual nestes casos.
Os poucos sabedores do suceso tiveran coñecemento a través da prensa e ignoraban a identidade do falecido.
Tampouco transcenderon demasiados detalles sobre o accidente que lle causou a morte. Todo parece indicar que aconteceu mentres recollían o aparello ó romperse un cable caendo a rede enriba del e doutro mariñeiro que tamén resultou falecido.
Redacción Barbanza