A ABE forma parte da plataforma estatal Comercio Conectado

BOIRO> A ABE participou nun proxecto piloto desenvolvido pola Secretaría de Estado de Comercio. A Plataforma Comercio Conectado busca impulsar a dixitalización e fortalecer a competitividade do comercio minorista ofrecendo servizos de asesoramento e formación ás empresas.

A Asociación Boirense de Empresarios foi unha das entidades participantes na fase previa ó lanzamento da Plataforma Comercio Conectado.

Trátase dunha innovadora iniciativa impulsada pola Secretaría de Estado de Comercio que pretende servir como punto de encontro ó comercio minorista.

Ademais de ofrecer servizos de formación para impulsar a dixitalización das pemes e mellorar a súa competitividade, o proxecto permitiru a creación do Catálogo de Asociacións ó que poden acudir tódolos comercios interesados para asociarse ou buscar servizos especializados.

Buscan así crear unha rede a nivel nacional que aglutine a tódalas entidades, administracións e particulares vinculados co comercio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí