Ciudadanos homenaxea ao deporte pontevedrés

Pontevedra> O grupo Ciudadanos tamén lle quixo render homenaxe esta mañá aos deportistas que acadaron éxitos ao longo deste 2017. Para isto organizaron un acto na Casa da Luz onde estiveron presentes membros do club ximnástica As Triscas, o Mace Sport, o ABP Sport así como o culturista Iván Silva e a atleta Joselyn Brea. Ciudadanos quixo homenaxear aos deportistas pontevedreses que ao longo deste 2017 colleitaron éxitos a nivel nacional en deportes como o taekwondo, o atletismo, culturismo ou a ximnasia rítima. Nun acto organizado na Casa da Luz, onde non puido estar presente María Rey por motivos de saúde, pero ao que si estivo o coordinador provincial deste partido. Un acto onde tamén lle fixeron entrega dunha medalla a cada un dos asistentes para valorar e agradecer o seu esforzo realizado ao longo de todo este ano. Un acto que para estes equipos e deportistas é importante, porque din, é importante que se valore o seu traballo realizado ao longo de todo un ano. Un acto que rematou coa invitación por parte de Ciudadanos a un almorzo a todos estes campións do deporte pontevedrés.