![]()
PONTEVEDRA> Os familiares dos residentes do Asilo de Pontevedra das Hermanitas de la Caridad, da Orde de Santa Teresa de Jesús Jornet,…
{flowplayer}images/salnes/novidades_asilo_ccoo.flv{/flowplayer}
… seguen intentando esclarecer os pormenores do desaloxo inminente dos usuarios deste centro. Durante a fin de semana, as monxas xa foron quen de desaloxar a case cincuenta dos 160 residentes, e o longo do luns, negociaron outros moitos traslados que se están a facer efectivos con moita rapidez. Alarmados por esta celeridade, os familiares van a constituírse en Plataforma e xa están a asesorarse legalmente cos servicios xurídicos da Consellería de Benestar Social. Moitos deles non descartan a posibilidade de que poida tratarse dunha operación urbanística encuberta.
A este respecto, desde o Concello de Pontevedra aseguraron que, dadas as características do solar, si podería reconverterse noutro tipo de centro, aínda que seguindo a mesma liña. Desde Comisións Obreiras aseguran que van a pelexar polos dereitos das traballadoras que van a perder o seu emprego con este peche.
Aseguran que as monxas, que máis ben son pouco caritativas e pouco compasivas, agachan tras este desaloxo un suculento negocio que acabará por transcender. Pola súa banda hai unha empregada que pensa que tras este peche poderían estar, precisamente, a intensa presión sindical de Comisións Obreiras.
En xeral o estado de nerviosismo dos residentes vai en aumento, ó ver que a Residencia está patas para arriba ca mudanza. Os afectados reclaman pois axuda e unha ampla sensibilización, tanto social como dos distintos gobernos, para evitar que as persoas maiores residentes neste asilo, pasen o solpor dos seus días o máis placidamente posible.
Redacción Salnés








