O SEPRONA investiga un posible caso de maltrato animal

     RIANXO> Axentes do SEPRONA, a Fiscalía e a Policía Local realizaron un operativo nunha vivenda en Asados que se saldou coa retirada de 18 cans que vivían nunhas condicións de total insalubridade.

    {flowplayer}barbanza/denunciacansrianxo.flv{/flowplayer}

    No interior desta propiedade no lugar de Villanustre na parroquia rianxeira de Asados vivían ó parecer os 18 cadelos intervidos que malvivían nunhas condicións de total insalubridade, rodeados dos seus propios excrementos e con síntomas claros de malos coidados.

    Reincidentes

    A denuncia ante o SEPRONA partiu da asociación Vox Ánima, a quen unha chamada dun particular os alertou do problema. Dase a circunstancia que os donos dos cans son os mesmos responsables do triste episodio vivido hai xa varios anos, no ano 2008, coa Asociación Protectora do Barbanza.

    Dende a asociación Vox Ánima fan un chamamento urxente á colaboración doutras protetoras e tamén de particulares para conseguir un lugar de acollida para estes animais, na maioría dos casos gravemente enfermos.

    Dende a protectora confían que tras a intervención realizada hoxe polos técnicos da consellería de Medio Ambiente se adopten as medidas necesarias que poñan fin, dunha vez por todas, a esta situación.

    Redacción Barbanza