‘Temos acceso restrinxido porque xa nos coñecen’

    protesta_preferentes100.jpgA ILLA> A Joaquín Señoráns, cliente de Novagalicia Banco e afectado polas ‘participacións preferentes’, non lle deixaron entrar na sucursal da Illa.

    {flowplayer}images/salnes/preferentes_illa_180512.flv{/flowplayer}

    Os ánimos están cada vez máis caldeados entre os afectados polas chamadas participacións preferentes. Na Illa de Arousa volvéronse a concentrar diante da sucursal de Novagalicia Banco. Comezou sendo unha protesta pacífica, pero acabou cunha pequena revolta, en canto lle impediron entrar a un dos manifestantes.

    A protesta fixo necesaria incluso a presencia dun axente da policía local. Nun principio bloqueouse a entrada e saída a calquera que se achegara á sucursal. O que deixou fóra a moitos mariñeiros e mariscadoras para os que hoxe era día de cobro. Finalmente abriuse a porta, e permitiuse o paso, pero de xeito controlado.

    A maioría destes afectados levan décadas sendo clientes desta entidade bancaria e considéranse estafados. Esperan que as administracións deixen de lado as palabras e pasen á acción para solucionar este asunto. Unha solución, que para eles pasa porque lles devolvan o diñeiro ou porque lle troquen as participacións preferentes por outros productos avalados polo goberno.

    Redacción Salnés