RIBEIRA> O delegado territorial da Xunta na Coruña visitou esta mañá o centro de educación especial de AMICOS en Ribeira. O responsable autonómico tivo ocasión de coñecer os distintos programas formativos que desenvolve a entidade así como a súa empresa de inserción laboral, Properdis. Durante a visita ó centro de educación especial de Oleiros, en Ribeira, o delegado territorial tivo ocasión de coñecer as novas unidades con que contan as instalacións, froito da maior demanda ó detectarse un maior número de pacientes con necesidades de atención temperá. Así mesmo, os responsables da entidade deron a coñecer os numersoso programas de educación e formación laboral que teñen en marcha para os que contan cunha empresa propia de inserción. O alcalde de Ribeira, que tamén participou a visita, destacou o gran labor que realiza AMICOS non só polo alto número de usuarios ós que dá cobertura senón tamén porque permite destinar os recursos asistencias do concello a outros colectivos.
Inicio BARBANZA