RIBEIRA> Poucas capturas na presente campaña do polbo na que os mariñeiros destacan a escaseza de recurso. O prezo medio sitúase por riba dos 9 euros pero as descargas caeron case á metade do pasado ano.
Mala campaña para o polbo a de este ano cunha escaseza de capturas que se traduciu nunha drástica redución das vendas, supoñendo practicamente a metade do recurso comercializado o pasado ano.
Os prezos non son malos xa que a media no que vai de campaña rolda os 10 euros. Sen embargo, esta moderada suba non compensa a caída das vendas polo que na confraría de Ribeira xa convocaron unha reunión para este xoves co fin de tomar decisións con respecto á veda e á futura campaña.











