O equipo do alcalde Carlos Viétez crea o novo partido Veciños de Meaño ‘para que ningúen de fóra nos impoña nin criterios nin candidatos’

MEANO> Nace en Meaño o novo partido Veciños de Meaño. Unha formación creada polo actual equipo de goberno, encabezada polo alcalde Carlos Vietez,  cunha colaboración de dúas centas persoas. O obxectivo é revalidar a alcaldía que conseguiron cando formaban parte do Partido Popular.

Dende a pasada semana estes carteis azuis cunha eme branca en forma de corazón están colocados en todas as parroquias do concello de Meaño. A dúbida do seu significado descubriuse esta fin de semana. O actual equipo de goberno, afastados do Partido Popular co que gañaron as eleccións, crean unha nova formación, Veciños de Meaño.

A formación nace trala disputa política que xurdiu despois das eleccións municipais do 2019. O novo partido quere gobernar para os veciños de Meaño sen influencias de fora do municipio.

O propio nome da formación xa indica o principal obxectivo dos seus dirixentes.

E o mellor aval que presenta a formación son as medidas que xa levan a cabo no concello meañés.

O alcalde e os seis concelleiros do seu goberno local forman parte deste novo partido Veciños de Meaño. Os edís continuarán como concelleiros non adscritos durante o que queda de mandato pero co obxectivo de reter a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais do 2023.